Asociación Educativa Cultural Musicrearte

       Portada                 

Hecho en Mac

Concerterio 2009

Concerterio é un proxecto educativo, artístico e cultural, obra dun grupo de profesores da Área de Didáctica da Expresión Musical da Universidade de Santiago de Compostela, que elaboran, coordinan e dirixen os concertos didácticos de fin de curso da Diplomatura de Mestre en Educación Musical.


O termo Concerterio é a fusión de dous conceptos: concerto, como representación en vivo da música ante o público e maxisterio, concepto cheo de contido e significatividade educativa.

Esta actividade xurde pola necesidade de ofrecer un espazo de traballo que posibilite fundamentalmente a integración e transferencia dos contidos das diferentes materias que compoñen o plano de estudos da Diplomatura de Mestre en xeral e dos tres cursos da Especialidade de Mestre Especialista en Educación Musical en particular, desenvolvendo un traballo conxunto “entre” e “intra” o alumnado e o profesorado.



Coordinadores do Concerterio 2009:

Cecilia Portela López (Profesora da Área de Didáctica da Expresión Musical)

Elena Sobrino Fernández (Profesora da Área de Didáctica da Expresión Musical)

Martín Leránoz Iglesias (Profesor da Área de Didáctica da Expresión Musical)

Silvia Picos Lorenzo (Bolseira de colaboración da Área de Didáctica da Expresión Musical)

Programa

Bloque I: Músicas de cine!


- Star Wars. John Williams

- The Flinstones. Hoyt S. Curtin

- Stand by me. Ben B. King


Bloque II: Érase unha vez...


- Babaiaga. Conto popular ruso. Conto musicado.

- Babaiaga, de Cadros dunha exposición de Modest Musorgsky. Versión orquestrada de Maurice Ravel.

- Na cova do rei da montaña, de Peer Gynt de Edvard Grieg.

Representación rítmico-corporal e dramática.


Bloque III: O espíritu dos cantos afroamericanos


- Oh happy day!. Phillip Doddridge

- Swing low, sweet chariot. Espirirual negro. Wallis Willis

- I will follow him. Franck Pourcel, Paul Mauriat, E Jacques Plante

Centros asistentes

13 de maio ás 11:00h

- CEIP San Cosme de Barreiros (Lugo).

- CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro).

  1. -CEIP A. Rodríguez Cadarso (Noia).

- CEIP Ana María Diéguez. Asados (Rianxo).


13 de maio ás 16:00h

- CPR Landro (Viveiro).

- CEIP Praia Xardín (Boiro).

  1. -CEIP Cruceiro de Canido (Ferrol).


14 de maio ás 11:30h

- CPI Cernadas de Castro (Lousame).

- CEP Pilar Maestú Sierra (Pobra do Caramiñal).

- CPI de Zas (Zas).

  1. -CEIP Campanario (Baroña).

  2. -CEIP A Ramallosa (Teo).


14 de maio ás 18:30h

  1. -Entrada libre

Guía Didáctica

Descarga da Guía Didáctica en formato PDF (3,3 MB).... Guia_didac_concerterio09.pdf


Descarga do material anexo en formato PDF:

Ficha01.pdf

Ficha02.pdf

Ficha03.pdf

Ficha04.pdf

Ficha05.pdf

Ficha06.pdf

Ficha07.pdf

Partitura01.pdf

Presentación

Noticias de prensa

Organiza:

Profesorado da Área de Didáctica da Expresión Musical

Cofinancia:

Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación

Edita: